Mostrando entradas con la etiqueta textos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta textos. Mostrar todas las entradas

23/5/10

Medo

O medo habita en min, é coma unha samesuga, chúchame boa parte da miña enerxía. Medo a que? A decidir, a equivocarme, a fallar, a non saber, a pechar portas, a abrir portas, ao ridículo, ao que dirán, a ferir, a non estar a altura, a defraudar...en definitiva a vivir.



19/5/10

Non se admiten devolucións

-É aquí onde venden almas.
-Pode
-Pois precisaba dunha nova.
-Umm!, e logo que lle pasa a que ten?
-Non me gusta.
-e...
-e máis nada. Que non me gusta.
-Pois non vai poder ser
-e logo
-e logo, que?
-estabamos falando da miña alma.
-pois iso, que vai seguir sendo súa.



17/5/10

Trilingüismo

Día das Letras Galegas



-Imos ver Sr Novoneira diga 33
-33%
-33
-33%
-Ummm
-É grave doctor?
-Trilingüismo galopante, me temo
-Hostia!
-Tranquilícese e don´t worry que malo será?....cajoendiola xa me contaxiou!


25/4/10

Inferno

Máis cedo o máis tarde un tense que enfrontar as súas pantasmas. Estas sempre están aí, inda que faga tempo que non saibas delas. Non se esquecen de ti, teñen todo o tempo do mundo (ti non), son pacientes. Elas saben dos teus medos máis agochados, incluso dalgúns que ti mesmo descoñeces. Podes vivir así, atenazado, ou enfrontalas e pasar o inferno canto antes, ti elixes...Oixu.



5/4/10

Cromañóns

Nalgures, camiño de Porto, coas mans crispadas no volante o nacho guiaba o coche a toda velocidade. As desviacións ían quedando atrás.
-Creo que nós pasamos.
-(Silencio).
-Escoitas o que che digo?
-Tranqui vou ben. Creo que é na seguinte.
-Na seguinte que?...cidade.
-Non me amoles.
-Mira un paisano!!. Imos preguntarlle........que fas?. Para dunha vez!.
-Xa che dixen que imos ben, este tramo sóame.
-Que hostias che soa?, a liña branca no medio...eu creo que nos pasamos, pero o millor é preguntar. E se temos que dar a volta, mellor agora que en Lisboa.
-Foder!! Como non me lembrei antes?. Levo o TomTom na guanteira. Anda cóllemo.
-A nai que che pariu...pero tío para e pregunta. Paraaa e preguntaaa...PUTOSS CROMAÑÓNS!!


Ilustración extraída do libro "Por que os homes non escoitan e as mulleres non entenden os mapas"

20/3/10

A penitencia

Estou no ceo, e Deus dime que vou ter que pagar penitencia polas birras que non quixen tomar cos colegas; poñendo desculpas peregrinas.
-Pero entón, só por iso, vaime mandar ao inferno.
-Non, non, cos últimos recortes tivemos que suprimilo inferno. Tiñámolo como unha asistencia técnica externa e o cabrón do xerente, un tal Satanás quería unha subida anual do IPC + 2 pto. A culpa foi miña por botalo da empresa. O moi cabrón, antes traballabamos xuntos...pero ti que vas saber se tan sequera fixeches a primeira comunión. Imos ver, de penitencia vouche pór algo que che foda ben...Vas a ir tomar unhas copas, pero agora con alghén que non che caia moi alá, imos pensar....xa está, xa o teño, con: Fernando Sánchez Dragó, e vaiche contar...como era aquilo...ah! si, o da eyaculación interna para non consumir enerxía vital.
-Ti si que es un auténtico cabrón, con perdón, iso é totalmente desproporcionado.
-Pois non te queixes, fai un rato veu un taxista que vai ter que escoitar na radio do taxi a Carlos Francino da cadea SER ata cas ras críen pelo. Se viras a cara que se lle quedou ao pailán.
-Vale, vale. Cando empezo.
-Isto non che vai así, tan rápido. Sánchez Dragó é unha penitencia moi demandada e ten lista de espera, así que vai dando unha volta por aí e xa te chamarei.
-Canta crueldade.
-Pois haber sido bo, aburiño. Que pase o seguinte.