25/5/10

cuanta puta y yo que viejo

en versión pornotango nostálxico


24/5/10

Todos ríen de mí



...un dos cortes do único disco de Agamenon (1975). Banda de acid rock, rock psicodélico ou progresivo, ou como queiras chamarlle. Unha exquisita rareza.
http://youtu.be/wI3pQagUxTM
Tamén está no goear, pero agora adícanse a escarallar as cancións cunha intro de publicidade...a cobiza non ten límite.

23/5/10

Medo

O medo habita en min, é coma unha samesuga, chúchame boa parte da miña enerxía. Medo a que? A decidir, a equivocarme, a fallar, a non saber, a pechar portas, a abrir portas, ao ridículo, ao que dirán, a ferir, a non estar a altura, a defraudar...en definitiva a vivir.



19/5/10

Non se admiten devolucións

-É aquí onde venden almas.
-Pode
-Pois precisaba dunha nova.
-Umm!, e logo que lle pasa a que ten?
-Non me gusta.
-e...
-e máis nada. Que non me gusta.
-Pois non vai poder ser
-e logo
-e logo, que?
-estabamos falando da miña alma.
-pois iso, que vai seguir sendo súa.



18/5/10

Xa es toda unha moza




Que Bob Dylan me perdoe, imos alá...

A nosa conversa foi breve e doce
Case que me fai voar
E estou de novo baixo a choiva,
E ti estás pisando terra firme
De algún xeito fixéchelo
Xa es toda unha moza

O paxaro no horizonte pousase nun valado
Canta a súa canción por min so porque así o quere
E eu son coma ese paxaro,
Cantando só para ti
Espero que me poidas escoitar
Escoitarme cantar a través destas bágoas.

O tempo é un reactor, móvese demasiado rápido
É unha mágoa se todo o que temos compartido non poida durar
Eu podo cambiar, xúroo,
Vexámo-lo que ti es quen de facer
Eu podo facelo
Podes facelo ti tamén.

O amor é tan sinxelo, por citar algunha frase
Ti sempre o soubeches, eu estouno aprendendo nestes días
Sei onde podo atoparche,
na habitación de alguén
é un prezo que teño que pagar
Es toda unha moza, en todo-los sentidos.

O cambio no clima sábese que será extremo
Pero, que sentido ten troca-los cabalos no medio da corrente?
Estou comezando a perde-la cabeza
Cunha dor que se detén e comeza
Como un sacaroias no meu corazón
Dende que estamos separados.

17/5/10

Trilingüismo

Día das Letras Galegas



-Imos ver Sr Novoneira diga 33
-33%
-33
-33%
-Ummm
-É grave doctor?
-Trilingüismo galopante, me temo
-Hostia!
-Tranquilícese e don´t worry que malo será?....cajoendiola xa me contaxiou!


15/5/10

Duro e potente



12/5/10

Mal bicho

Adicada a todo-los mal nacidos que non lles gosta que os xuíces investiguen os seus crimes.
Preferirían que os xulgara Deus ca súa infinita benevolencia...ou sexa nunca.
http://youtu.be/P_6V-JTGn_M


11/5/10

Que grosero



6/5/10

4/5/10

Compre!

Compre, compre, compre
compre nuevos problemas para solucionar el problema
porque usted necesita lo que no necesita
si nosotros necesitamos vender


1/5/10

Social peligrosidad

quién es el culpable
quién el inocente?
el justo millonario?
o el pobre necesario?



Loita